jueves, 26 de noviembre de 2020

INVESTIGANDO

 Aproveitando algúns froitos de outono ,hoxe na aula de 3 anos investigamos como era unha cabaza no seu interior.

OOOHHH! Pero abraid@s se quedaron algúns pequen@s cando ao abrila atopamos no seu interior coma unhas pipas! Que era aquilo? Pero se estaban escondidas ! Cómense profe? 

Por subgrupos de aula achegàmonos a tocala e coller cada unha pipa de esas raras que estaban dentro. 

Que pasarà se as plantamos? En breve descubrirémolo!


 Por certo! Sabíades que as cabazas son moi boas para manter o noso sistema inmunitario forte e San? Ademais son un froito que  nos axuda a previr gripes e catarros polo seu poder antioxidante!



miércoles, 18 de noviembre de 2020

PLÁSTICA MEDIOAMBIENTAL NO 3º NIVEL DE EP

 Este vídeo foi froito dun día de sol e unha clase de plástica nun escenario diferente, o campo de fútbol do centro.

Os nenos e nenas de 3º nivel de EP quixemos demostar que un campo de fútbol pode ser un gran papel para decorar, pintar e deixar voar a nosa imaxinación creando diferentes tipos de paisaxes, naturais ou artificiais, contaminadas ou non:



lunes, 16 de noviembre de 2020

IMAXINAMOS

Na nosa aula de 3 anos  aproveitando a caída da folla da estación outonal saímos ao patio a observar , manipular e recoller diferentes follas das àrbores da nosa escola. Unha vez clasificadas e observadas cada pequen@ elixiu a qué màis lle gustou . Pegàmola nun folio e imaxinamos que podería ser....

Sairon cousas tan fantàsticas coma estás!






Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...