viernes, 9 de abril de 2021

EQUIARZÚA, unha vila san

 

Unha proposta do 3º nivel de EP


Vila onde tamén se coida o medioambiente, de ahí o nome dalgunha das súas rúas ademais do uso das enerxías renovables, emprego de medios de transportes eléctricos non contaminantes, reciclaxe e segunda vida de materiais ademais do fomento da vida saudable.



DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA no 3º nivel de EP....................6 de abril

  

Para ter un corpo san e saudable fai actividade física a diario, sexa do tipo que sexa!

Para telo presente a todas horas e en todo momento, imos adicarlle esta actividade ao novo mestre que imos ter estes días, Alfonso facendo os nosos  nomes cun planeta Terra moi activo, poñéndoo na nosa mesa e asi  tamén axudámoslle a saber o noso nome.

 

DÍA DA SAÚDE NO 3º NIVEL DE EP ....................................7 de abril

O Día Mundial Da Saúde celébrase o 7 de abril de cada ano porque a OMS foi creada ese mesmo dia do ano 1948 onde se establece que a Saúde é un dereito.

Na clase, despos do visionado dun vídeo par introducirnos nesta temática, deseñamos un cartel coa axuda das Tics para tal celebración onde tratamos de incluír o máis importante do que se pode facer para ter boa saúde nos seus tres piares fundamentais: mental, físico e social. E sempre coa axuda e colaboración da nosa mascota Arbolín.



E logo decidimos afondar nos alimentos saudables e en hábitos saudables , que xuntos fan que...

TEÑAMOS UNHA BOA SAÚDE






 

Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...