lunes, 29 de marzo de 2021

DEBUXANDO PAISAXES DE PAZ NO 3º NIVEL EP

 
DEBUXA PAISAXES DE PAZ 
 
é o pequeno proxecto para traballar na aula do terceiro nivel co motivo do Dia da Paz e non Violencia o 30 de xaneiro, para  permitirnos entender un pouco mellor a relación que existe entre a auga e a paz e  como podemos evitar os conflitos pola auga. Ao longo da historia, moitas guerras e conflitos estiveron motivados polo control dos recursos naturais, xa sexan territorios fértiles, bosques, pozos de petróleo ou lagos e ríos. O acceso aos cursos de auga é moi importante para os países, xa que non só fornecen a auga necesaria para a vida das persoas, do gando e dos cultivos, senón que tamén poden ser un medio de transporte, unha fonte de enerxía e un lugar para a pesca.
Moitos cursos de auga e lagos marcan a fronteira entre dous ou máis países. Tamén hai ríos que se orixinan nun país e cruzan outros ata a súa desembocadura ou acuíferos subterráneos que se estenden por varios países. Nestes casos, a auga é un recurso compartido que dá riqueza a varios países pero tamén xera tensións. Estas tensións tamén poden producirse dentro dun país, cando varias comunidades comparten un río ou cando hai incompatibilidades entre os usos públicos e privados das fontes de auga.
A auga non só pode ser obxecto de disputas, senón que tamén se usou en varios conflitos como arma ou como estratexia de guerra, contaminando pozos, cortando o subministro ou bloqueando o acceso á auga.
Como xa ocorrera co petróleo, a auga convirteuse no recurso máis importante do século XXI, por iso cobra moita importancia a explotación dos acuíferos, tamén a nivel privado. "A auga, a paz e a seguridade están estrictamente xuntas, van collidas da man" 
 
Como xa dixera John F. Kennedy fai anos : "Quen sexa capaz de resolver os problemas da auga,será merecedor/a de dous premios Nobel, un pola Ciencia e outro pola Paz"
 
Vimos un video que afonda neste tema:
 
 
 
 
Con esta actividade propoñémonos descubrir máis na aula sobre a relación entre a paz e a auga e empregar esta información para crear debuxos paisaxísticos nos que a auga e a paz sexan os protagonistas.
 
 
 
 
 Ademais compuxemos un mural empregando un dos simbolos, decorando con diferentes flores que traen a nós tranquilidade, colorido, paz e sosiego.
 
 
Tamén cantamos a canción onde aprendemos a receita para conseguir a paz cuns ingredintes especiais que nos axudan a crear un mundo pacífico
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...