lunes, 29 de marzo de 2021

DÍA DOS BOSQUES NO TERCEIRO NIVEL DE EP

 A clase de 3º nivel de EP lanza unha campaña "Activa o modo bosque" para celebrar o Día Internacional dos Bosques, hoxe 21 de marzo de 2021, unha data promovida polas Nacións Unidas.

Esta idea pretende difundir a relevancia dos bosques e pretendemos  conectar aos máis novos e novas coa importancia dos bosques para xerar conciencia respecto ao seu papel  fundamental para o benestar.

Os bosques cobren un terzo da superficie terrestre e son fundamentais para para combater o cambio climático, contribúen significativamente  ao beneficio das xeracións presentes e futuras.

cando bebebmos un vaso de auga, escribimos nun caderno, tomamos medicamentos para a febre ou construímos unha casa, non sempre relacionamos estas accións cos bosques. sen embargo, estes e moitos outros aspectos das nosas vidas están vinculados aos bosques. Ademais, os bosques albergan máis do 80% das especies animais e vexetais.

Como obxectivos con esta proposta temos:

  • Promover o coñecemento e o respecto polos nosos bosques 
  • Desenvolver un modelo produtivo sustentable
  • Rexenerar os nosos bosques
  • Coidar os nosos ecosistemas
  • Recuperar os nosos bosques autóctonos fronte ao monocultivos de especies de crecemento rápido
  • Evitar o despoboamneto rural
  • Ter unha boa calidade de vida

Para participar só tes que enviar unha foto nun entorno de natureza e/ou plantar unha árbore.

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...