lunes, 28 de junio de 2021

CABAZAS E COGOMELOS

Coa chegada do outono comeza tamén a chegada dos seus froitos, froitos sans e bos para manter o noso organismo san e forte.

Durante esta época traballamos un alimento característico de esta estación: A CABAZA

Despois de ollala, manipulala , investigar o seu interior e buscar diferentes tipos de cabaza na PDI  , puxemos a nosa cabeciña e imaxinar e.... partindo de formas e cores elaboramos a nosa propia cabaza terrorífica aproveitando que o Samaín xa o tiñamos cerquiña.

 Por certo! Sabíades que as cabazas son moi boas para manter o noso sistema inmunitario forte e San? Ademais son un froito que  nos axuda a previr gripes e catarros polo seu poder antioxidante!



 



 

 

Continuamos traballando elementos do Outono. Desta volta estivemos a traballar elementos naturais relacionados coa saúde e a importancia de xoñecer os cogomelos para poder saborealos. Observamos algúns cogomelos e as suas cores , formas e tamaños. 

Para rematar a actividade e relacionandoo co tema de este curso elaboramos uns cogomeliños utilizando material de refugallo. 

Os cogomelos que elaboramos son 

Amanita Phalloides

Un cogomelo tóxico que nunca debemos tocar nen comer! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...