sábado, 26 de junio de 2021

MINIINVERNADOIRO EN 3 ANOS

 Coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula de tres anos, consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.

Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos? 

Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade. 

Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino,  , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!




Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer. 

E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn ! 

Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...