lunes, 28 de junio de 2021

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

 

O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde.

Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños que vos sirvan para manter un bo estado físico e mental e un corazón forte e san! 

https://youtu.be/bElo8l_59ZA

 

 

 

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de Marzo conmemoramos, segundo o calendario escolar a semana da prensa;unha semana na que traballamos e manipulamos xornais , recortamos, buscamos, investigamos, rasgamos...e coñecemos para que sirve un xornal , que contén e quen escribe .

Este ano , colaborando co departamento de actividades complementarias e extraescolares , elaboramos unha FAKE NEW e buscamos noticias relacionadas con Medio Ambiente e Saúde. 



 

ENTROIDAMOS EN TRES ANOS

 

O longo da semana de entroido realizamos diferentes actividades relacionadas con eixe vertebrador de este ano do noso cole.

En este resumo de imaxes mostramos diferentes actividades que fomos realizando. :

- Traballamos a importancia de incluir a froita na nosa dieta diaria elaborando MÀSCARAS SAUDABLES.

- Convertímonos en ENFERMEIR@S PEDIÀTRIC@S por un día , falando así da importancia destes profesionais no noso día a día.

- Elaboramos máscaras de coelliños utilizando MATERIAL RECICLADO

- PASÀMOLO XENIAL entroidando cos nosos disfraces o venres 12!! 



CABAZAS E COGOMELOS

Coa chegada do outono comeza tamén a chegada dos seus froitos, froitos sans e bos para manter o noso organismo san e forte.

Durante esta época traballamos un alimento característico de esta estación: A CABAZA

Despois de ollala, manipulala , investigar o seu interior e buscar diferentes tipos de cabaza na PDI  , puxemos a nosa cabeciña e imaxinar e.... partindo de formas e cores elaboramos a nosa propia cabaza terrorífica aproveitando que o Samaín xa o tiñamos cerquiña.

 Por certo! Sabíades que as cabazas son moi boas para manter o noso sistema inmunitario forte e San? Ademais son un froito que  nos axuda a previr gripes e catarros polo seu poder antioxidante!



 



 

 

Continuamos traballando elementos do Outono. Desta volta estivemos a traballar elementos naturais relacionados coa saúde e a importancia de xoñecer os cogomelos para poder saborealos. Observamos algúns cogomelos e as suas cores , formas e tamaños. 

Para rematar a actividade e relacionandoo co tema de este curso elaboramos uns cogomeliños utilizando material de refugallo. 

Os cogomelos que elaboramos son 

Amanita Phalloides

Un cogomelo tóxico que nunca debemos tocar nen comer! 


sábado, 26 de junio de 2021

RECICLANDO EN TRES ANOS

 Na aula de tres anos elaboramos diferentes tipos de Lapbook, xa que nos encantou a súa elaboración en con eles aprendemos dun xeito diferente, divertido e manipulativo.  En esta ocasión traballamos de diferentes técnicas a RECICLAXE. Sabedes  reciclar? Cales son as cores dos contenedores e como temos que reciclar? Que tiramos en casa un de eles? 

Nós traballàmolo a través de este Lapbook 

Levantamos a solapa de cada contenedor e temos OS diferentes envases que debemos tirar en cada un de eles!





MINIINVERNADOIRO EN 3 ANOS

 Coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula de tres anos, consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.

Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos? 

Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade. 

Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino,  , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!




Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer. 

E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn ! 

Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!




miércoles, 23 de junio de 2021

FELIZ E SAUDABLE VARÁN!

  Os nenos e as nenas de 5 Anos A do CEIP de Arzúa remataron o curso cunhas felicitacións moi "froiteiras" e saudables cos mellores desexos.






viernes, 18 de junio de 2021

FLIPBOOK DAS PLANTAS

Na clase de 5 Anos A rematamos o noso traballo de investigación sobre as plantas recollendo o que aprendemos nun flipbook:















5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Na clase de 5 Anos A queremos un mundo cun medio ambiente limpo e saudable! 

Seguimos celebrando este día con estoutra manualidade tan chula:







viernes, 4 de junio de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Mañá, 5 de Xuño, é o día Mundial do Medio Ambiente e na clase de 5 anos A do CEIP de Arzúa adiantámonos facendo esta coroa tan divertida coa "cara" sorrinte do noso planeta e un montón de corazóns que simbolizan canto lle queremos á nosa Terra e as ganas que temos de coidala ben.










jueves, 3 de junio de 2021

DÍA DA SAÚDE EN 5 ANOS A

O 7 de abril, día mundial da saúde, na clase de 5 anos A traballamos cunhas fichas sobre a saúde e os hábitos saudables. 

Primeiro cada neno/a explicou que consideraba que era a saúde. Logo, para chegar a un consenso nesta definición, lemos un decálogo con 10 puntos que se deben incluír no concepto ou na idea de saúde.

E por último, colorearon a ficha.



Logo vimos un poema sobre a saúde do cal despois de lelo todos os nenos e nenas da clase fixeron cadanseu debuxo de hábitos ou obxectos saudables, por exemplo, deportes, froita e aire libre neste debuxo:

Por último, analizamos dous "camiños" con hábitos ou actividades diarias e falamos sobre cal deles é o que debemos seguir por ser o máis saudable.






Medioambiente e Saúde

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

  O 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde. Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños...